Con este tema arrancamos o I Maratón Fotográfico Cidade de Santiago, vamos a encher as rúas da nosa cidade con este lema, hoxe máis de 100 fotógrafos saímos a relrexionar sobre a igualdade de xénero e a presenza da muller na sociedade.
Tríptico Compostela é Feminina
Desde a Asociación Cultural Fotoforum Compostela queremos desenvolver unha actividade de compromiso coa sociedade sobre o tema da igualdade entre homes e
mulleres. Romper estereotipos e promover a sensibilización cidadá.
Nunha sociedade fortemente icónica como a nosa, onde o poder da imaxe é universal, organizamos o maratón fotográfico COMPOSTELA É FEMININA.
Vivimos un momento preocupado pola igualdade de xénero. Pero isto non sempre foi así.
Inda sobreviven estereotipos sociais
As mulleres son DEPENDENTES e os homes valentes. As mulleres son SENSIBLES e DELICADAS, e os homesbruscos e duros. Elas son mellores coidadoras que eles
e son máis aptas para as TAREFAS DOMÉSTICAS. As mulleres son MENOS ACTIVAS sexualmente que os homes. Os nenos son máis activos e violentos; as nenas máis PASIVAS E REFLEXIVAS. As mulleres vístense para SEDUCIR ou SER SEDUCIDAS. Os homes pensando no seu rol profesional ou con pezas deportivas. As mulleres
son máis CONSUMIDORAS que os homes, e eles mellores tomando decisións sobre o diñeiro.
REFLEXIONEMOS sobre a igualdade de xénero e a presenza da muller na sociedade.
Recorrido
Saída: 11:00 Palco da Música no Parque da Alameda.
Meta: 14:00 Aula Gastrocultural da Praza de Abastos.
Itinerario: Alameda (Palco da Música)- Rúa San Clemente – Costa do Cristo – Praza do Obradoiro – Rúa do Franco – Rúa de Fonseca – Praza de Praterías – Rúa de Xelmírez – Rúa da Fonte Sequelo – Rúa do Preguntoiro – Praza de Cervantes – Rúa da Algalia de Abaixo – Praza de Salvador Parga – Rúa das Casa Reais – Rúa das Ánimas – Rúa de San Bieito – Rúa de Santo Agostiño – Rúa das Ameas – Praza de Abastos (Aula Gastrocultural).
Distancia: 1,7 km.