Temos programada unha visita guiada para ver a exposición de José Suárez. Uns ollos vivos que pensan. Para o proximo domigo 20 de decembro no Museo Centro Gaiás na cidade da Cultura.


marinaeiros7_0

‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ preséntanse como a maior exposición
realizada ata o momento sobre un dos grandes nomes da fotografía do século
XX. A Cidade da Cultura busca a través desta mostra resituar ao fotógrafo de
Allariz no punto que lle corresponde na historia da fotografía de Galicia e España,
expoñendo por vez primeira todas as súas series fotográficas así como obxectos
persoais e documentos da época.
‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ descubriranos ao fotógrafo artista,
ao profesional dotado dunha forte visión humanista, ao innovador que decidiu
incorporar á fotografía os movementos de vangarda europeos. Pero tamén ao
intelectual admirado polos seus coetáneos, ao namorado de Xapón, ao home
que trocou o éxito do exilio polo esquecemento na súa terra.
Do 13 de novembro de 2015 ao 27 de marzo de 2016, o Museo Centro Gaiás
acollerá un total de 206 fotografías e 150 obxectos persoais, o que lle permitirá
ao espectador comprender mellor a súa evolución creativa e situar a súa vida
como un territorio onde atopar as claves para entender as súa imaxes. Agasallos
de Unamuno, pinturas de Alberti ou cartas de Pérez de Ayala mistúranse con
algúns dos seus traballos máis importantes como a serie ‘Mariñeiros’, as tomadas
durante as súas dúas viaxes a Xapón, as diferentes series realizadas durante a
súa estanza en América do Sur ou un dos seus últimos traballos: A Mancha.
A mostra, comisariada por dous nomes de referencia no estudo da fotografía
galega como son Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, verá incrementado
o seu atractivo grazas ao deseño de montaxe do arquitecto Alfonso Penela,
que empregará todos os recursos do Museo Centro Gaiás para potenciar a
expresividade das imaxes en branco e negro de José Suárez. Ademais, tras o seu
peche na Cidade da Cultura, ‘José Suárez. Uns ollos vivos que pensan’ viaxará a
aqueles países nos que o fotógrafo de Allariz desenvolveu a súa labor profesional
co obxectivo de estender o coñecemento da súa obra fóra de Galicia.

 

 

4_ibiza_

Formulario Inscripción:

 

[contact-form-7 404 "No encontrado"]

 

 

José Suárez. Uns ollos vivos que pensan